Malos tempos para Universidade Pública

A Lei educativa LOMLOE que comezou o curso escolar 2021 – 2022 pretendía introducir importantes cambios no sistema educativo español e modificar a LOMCE, aprobada no 2013. Está previsto que estes cambios se fosen sucedendo e ampliando co paso do tempo ata unha total implantación na educación secundaria.
O nivel formativo en coñecementos e actitudes dos estudantes que chegarán á Universidade ten relación directa coa súa formación investigadora posterior, de ser esta a súa elección e detectáranse numerosas deficiencias nos estudantes que empezan estudos superiores. O cambio era necesario, imprescindible diría eu.
A Lei Orgánica 2/2023, do 22 de Marzo, do Sistema Universitario resulta fundamental para o futuro económico e social do estado. A nova lei confire a cada Universidade o dereito a elixir cara a onde quere ir. Por contra, dota ás Universidades privadas dos mesmos dereitos pero non dos mesmos deberes que a pública.

woman wearing blue denim jacket holding book
Photo by Element5 Digital

Esta lei ten que ir acompañada dun forte desembolso económico, estima que no 2030 as comunidades deberían investir un 1 % do seu Produto Interior Bruto en Universidade. Parece unha utopía cando a maior parte dos gobernos das comunidades autónomas, logo do 28 M, están en mans da dereita, quen votou en contra desta lei.
Cunha LOMCE ameazada de derrogación, unha Lei de Universitaria sen percorrido é a incesante implantación de Universidades privadas en clara competencia coa pública. Malos tempos para o ensino público.

Seguirei defendendo que non hai excelencia sen equidade; é dicir, sen garantir o dereito á educación para todos, independentemente da súa orixe económica e cultural. E para cumprir este obxectivo, que contribúe a apuntalar o Estado do benestar, é fundamental que as universidades públicas dispoñan dun financiamento suficiente, sólido e estable. Capaz de competir coa Universidade Privada á que só poden acceder determinadas elites.

Deixa un comentario